A Muralla de Lugo, está considerada como o recinto fortificado máis
importante e mellor conservado do mundo romano. A súa función orixinal
non está clara, a máis aceptada é a defensiva. Foi levantada entre os
anos 265-310 d.c. Mide 2157m. de lonxitude, e ten unha altura que
oscila entre os 10 e 15 m. Consérvanse 72 cubos dos 85 que tiña. Oito
están seccionados e cinco desapareceron. Sobre cada cubo alzábase un
torreón de dous ou tres pisos e catro fiestras en cada uns deles, pero
só se conserva parte dun, na zona coñecida como A Mosquera. O material
constructivo é fundamentalmente a pizarra, e menor medida a sillería de
granito. Cinco das súas dez portas crese que son romanas, aínda que con
engadidos posteriores.
Accesibilidade: Practicable con axuda
Actualmente só é accesible polo acceso en rampa que
existe fronte á Catedral e que dá acceso ao adarve. Esta rampa tanto
polo seu pendente como a súa agresiva pavimentación fai que sexa
necesaria axuda para salvala por persoas en cadeiras de rodas. Pódese
percorrer na súa totalidade, pero hai zonas como as situadas á altura
da Porta Nova ou a de San Fernando onde a erosión do terreo fai que o
firme sexa moi irregular. Tamén hai algún área con excesiva acumulación
de area e micro pedras. En xeral pódese dicir que o paseo por ela é
bastante practicable, agora ben, hai que ter en conta que hai algunhas
zonas con pendentes que fai necesario a axuda por outra persoa.