|

|
|
|
| Auxilia,
a nivel internacional, naceu en Francia no ano 1926. Foi fundada por
Marguerite Rivard, unha enferma hospitalizada, afectada de tuberculose
ósea. Entendeu que os enfermos tiñan dereito a formarse e a estudar e
organizou os “Cursos por correspondencia de Auxilia”. En 1935 fundouse
en Bélxica, en 1950 en Italia, en 1952 en España e en 1984 en Suiza. En
Lugo fúndase no ano 1972. |  | O
seu campo de actuación abrangue 32 concellos do centro da provincia de
Lugo(As Nogais, Ribeira de Piquín, A Fonsagrada, Antas de Ulla,
Baleira, Baralla, Becerreá, Carballedo, Castroverde, Cervantes,
Chantada, Friol, Guntín, Láncara, Lugo, Meira, Monterroso, Navia de
Suarna, Negueira de Muñiz, O Corgo, Outeiro de Rei, Palas de Rei,
Paradela, Páramo, Pedrafita do Cebreiro, Pol, Portomarín, Riotorto,
Samos, Sarria, Taboada e Triacastela). É una entidade sen fins lucrativos; non adscrita a ningunha tendencia política nin confesional:
- Recoñecida polo Ministerio do Interior e rexistrada co nº 10.322
- Inscrita con nº 126 no rexistro do IMSERSO
- Colaboradora do Ministerio de Educación e Ciencia na promoción cultural de adultos (1971)
- Membro de COCEMFE e da Federación ECOM
- Membro da COGAMI (1999)
- Declarada
de Utilidade Pública por acordo do Consello de Ministros de 31 de maio
de 1974 e posteriormente por Orde INT/1941/2006, do 24 de maio, do
Ministerio do Interior, publicada no Boletín Oficial do Estado n° 145
de 19-06-2006.
A súa estructura nacional
A
sede central de Auxilia está en Barcelona na Calle Anglí, 50.
Actualmente existen 8 Núcleos, noutras tantas localidades da península,
que traballan con independencia económica e funcional.
Núcleo:
Enténse por Núcleo o grupo de persoas que forman Auxilia nunha mesma
localidade. Á fronte de cada Núcleo existe un equipo directivo que
preside o/a Coordinador/a Local.
Consello de Núcleos:
É o órgano que agrupa ós Núcleos, recolle e transmite ó Consello
Directivo as súas necesidades e establece as directrices e fórmulas de
actuación conxuntas.
Consello Directivo,
composto por: presidente/a, vicepresidente/a, secretario/a,
tesoureiro/a e vocais. Os vocais son os Coordinadores Locais dos
Núcleos.
Asemblea Xeral (órgano máximo de toma de decisións) e Plenos
A súa estrutura local
EQUIPO DIRIXENTE: Coordinador Local: Manuel Ignacio Piñeiro Piñeiro Secretaria: Mª Fernanda Arrojo Novoa Tesoureira: Mª Dolores Martínez Sedes Vocal de Educación: Matilde Fernández Fernández Vocal de Accesibilidade: Aquilino González Álvarez

|
|
 |

|
|
|
|